Ecos do Sur | Ciberespect

Estratexias e ferramentas para aprender a loitar contra o odio nas redes sociais

Ecos do Sur é unha ONG coruñesa que forma parte dun movemento cidadán aberto, aconfesional e diverso. Desde 1991 traballan con colectivos en risco de exclusión, como mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata, persoas inmigrantes, parados/as de longa duración, familias en risco de desaloxo…

Ademais de ofrecer cursos de alfabetización e inclusión dixital, teñen unha novidosa liña de traballo, baixo o título de CibeRespect, na que investigan e comparten estratexias e ferramentas para aprender a loitar contra o odio nas redes sociais.

Como podes participar?

Os cursos de alfabetización e inclusión dixital ofrécense regularmente ás persoas usuarias de Ecos do Sur, polo que o xeito máis directo de coñecer a súa oferta é contactar directamente na súa sede.

Se che preocupa como o discurso de odio (xenófobo, machista, islamofóbico …) se está a apropiar cada vez máis de espazos nas redes sociais, abrindo fendas na cohesión social, desde que o proxecto CibeRespect elaboraron unha “Guía Práctica de Intervención en liña para Ciberactivistas“. Un manual que te axudará a loitar contra o ciberodio e que podes descargar aquí.

Ademais, podes colaborar con CiberVoluntariado en calquera das accións que teñen en marcha. Terás apoio e formación, tamén dispoñible se pertences a un colectivo e vos gustaría recibir formación presencial en ciberactivismo. Neste sentido, dende CibeRespect tamén organizan regularmente cursos e charlas presenciais dirixidas a persoas con interese en poder construír unha paisaxe dixital de respecto. Pódese atopar información na nosa axenda ou aquí.

Contacto

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar