O segundo dos grupos desta edición do #LAIC, o de vídeo mapping, xa está en marcha, despois de celebrarse o 19 de xaneiro unha primeira sesión, de carácter panorámico, sobre a historia e as posibilidades técnicas e creativas desta disciplina. Pablo Ferrer, que é o coordinador do grupo, fixo no centro Ágora un completo percorrido pola historia do vídeo mapping, unha técnica que comezou a desenvolverse hai décadas, coas ferramentas tecnolóxicas de cada momento e unha importante dose de imaxinación e creatividade, ata chegar ao momento actual, como podedes ver no vídeo da xornada.

 

Houbo tempo tamén para coñecer traballos de diferentes perfís feitos con esta técnica: desde grandes espectáculos en exteriores, como os que tod*s coñecementos de proxeccións 2D ou 3D, luz e son en espazos monumentais, ata propostas en interiores, de gran formato e en contextos máis pequenos como o escaparatismo, ou propostas como o micro mapping.

 

Grupo de aprendizaxe en marcha

O obxectivo do grupo de vídeo mapping do #LAIC é coñecer as técnicas esenciais da disciplina, manexando o programa MadMapper 3 e experimentando en proxectos por equipos as súas posibilidades, así que, para ilustrar como traballa o programa, Pablo Ferrer realizou unha sinxela demostración.

Foi o punto final da sesión, trala que comezou aconstitución do grupo de aprendizaxe colaborativo, no que as prazas son limitadas. As sesións deste grupo desenvolveranse os sábados 2 e 23 de febreiro e 16 de marzo, en horario intensivo de mañá e tarde (10h-14h/16h-20h), no centro Ágora.

 

Entradas recentes

Empece a escribir e pulse Enter para buscar