Mundos Digitales

Festival Internacional de Animación, Efectos Especiais, Videoxogos e Arquitectura Dixital

Impulsado pola compañía coruñesa ILUX Visual Technologies, o Festival Internacional Mundos Digitales, que acadou xa quince edicións, é actualmente un dos tres congresos máis importantes de Europa no ámbito da creación dixital.

Unha oportunidade única para recibir a profesionais de referencia no sector e descubrir as últimas novidades en animación, videoxogos, efectos especiais, realidade virtual e arquitectura 3D.

Como podes participar?

O Festival, aínda que de carácter profesional, está aberto a calquera persoa que adquira a entrada, tamén na súa web. Conta con descontos importantes para estudantes e grupos de entidades educativas.

A inscrición a concurso das curtas de animación pode realizarse na propia web.

Celébrase tamén un o foro de emprego, no que profesionais e estudantes poden establecer contactos de traballo ou incluso presentar iniciativas emprendedoras.

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar