Coruña JS
Comunidade técnica para compartir coñecemento sobre JavaScript
Coruña JS é unha comunidade técnica de programador@s especializad@s no JavaScript que se xunta unha vez ao mes para falar sobre esta linguaxe e o seu ecosistema: Node.js, TypeScript, React…
Cada xuntanza trata unha temática diferente entorno ao JS. A través da súa páxina de Meetup podes estar ao tanto das súas actividades.
Como podes participar?
Coruña JS organiza unha sesión mensual en diferentes localizacións da cidade da Coruña que publican a través do seu Meetup.