PHP Coruña
Comunidade de desenvolvedor@s PHP da Coruña e a súa contorna
PHP Coruña é un colectivo técnico que busca xuntar a tod@s @s profesionais e afeccionad@s ao ecosistema PHP.
As súas actividades baseánse en xuntarse para compartir coñecemento e pasar un bo momento creando comunidade na cidade da Coruña e a súa contorna.
Están dirixidas principalmente a perfís técnicos, como programador@s, e amantes da tecnoloxía en xeral que queiran incorporar novos coñecementos.
Como podes participar?
PHP Coruña celebra regularmente citas técnicas, das que podes estar ao tanto a través do seu Meetup.