A Coruña Educa
A aposta municipal pola formación da comunidade educativa da cidade, tamén no eido tecnolóxico
A Coruña Educa é unha proposta formativa da Concellería de Educación e Cultura, en colaboración con outras áreas municipais e entidades, dirixida especificamente á comunidade educativa e consistente nunha serie de programas anuais clasificados por grupos temáticos.
Un deses eixos de traballo é o que fai referencia ás competencias dixitais do alumnado de Primaria, ESO e formacións profesionais. Entre outras, abórdanse cuestións como a seguridade en Internet, a privacidade, a relación cos videoxogos ou evitar comportamentos de risco nas redes sociais ou en compras a través de Internet.
Como podes participar?
Se formades parte da comunidade educativa ou tedes interese en coñecer a actividade área municipal de Educación e Cultura podedes visitar a súa web, á que podedes acceder desde aquí.
Nela atoparedes acceso ás súas redes sociais e a posibilidade de inscribirvos no seu boletín informativo, para así recibir información sobre futuras convocatorias.
Contacto
Páxina web: www.coruna.gal/educacion
Twitter: twitter.com/EduCultuCoruna
Facebook: facebook.com/EduCulturaCoruna