Php Coruña: patróns de deseño

O grupo Php Coruña comeza unha nova etapa cunha charla maxistral sobre o emprego máis axeitado de patróns de deseño a cargo de José Ramón Fernández (Jota),  que partirá dos principios da programación a obxectos para establecer principios de código ben estruturado para analizar e propoñer solucións a problemas recurrentes, entre outras cuestións.

Desde Coruña Dixital apoiamos a primeira actividade de divulgación tecnolóxica de Php Coruña, que se celebrará no Centro Cívico municipal da Cidade Vella e na que tamén colabora GPUL, asociación informática vinculada á UDC.

Tedes máis información desta actividade no seu Meetup, ao que podesdes acceder desde aquí e no que tamén vos podedes inscribir.

Detalles

Data

O día 18/07/2019 19:00-20:30

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Cívico Cidade Vella

Rúa Veeduría, 2
15001 A Coruña

http://bit.ly/2bS2P5b

Empece a escribir e pulse Enter para buscar