Bricolabs: Entre Tuxes (sesión 7). GPG para tod@s
A asociación Bricolabs desenvolve un novo obradoiro da serie Entre Tuxes, vinculado ás actividades da feira tecnolóxica OSHWDem 2019, nesta ocasión centrado en GNU Privacy Guard, a ferramenta de seguridade de Software Libre que implementa cifrado de chave pública e os algoritmos máis avanzados para cifrar e asinar información que deberiamos protexer.
No taller se explicarán os conceptos do cifrado asimétrico e a autenticación descentralizada e distribuída, con exemplos prácticos de xeración e intercambio de chaves, cifrado e sinatura de mensaxes.
Para participar nesta actividade hai que ser maior de 18 anos e acudir cun portátil con GNU/Linux e o paquete gnupg instalado. Tedes máis información e o formulario de inscrición ao voso dispor aquí.
Detalles
Data
O día 12/07/2019 18:30-20:00
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/bricolabs/
Categorías
Lugar
Sala Maker@Domus
Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña