Bricolabs: entre tuxes (sesión 8). Cartografía colaborativa con drones

Nesta nova entrega da serie de actividades Entre Tuxes, integrada na programación da feira tecnolóxica OSHWDem 2019,  a asociación Bricolabs propón traballar do dron ao mapa.

No obradoiro, para o que é preciso ser maior de idade, aprenderase a obter unha ortofoto (conxunto de imaxes aéreas para formar unha única imaxe) a partir das tomas fotográficas dun voo con dron e a xerar elementos para un mapa con proxectos de software libre. Recoméndase acudir con portátil propio.

Tedes aquí o formulario de inscrición e información ampliada da actividade.

Detalles

Data

O día 27/07/2019 11:00-13:00

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/bricolabs/

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar