A Coruña Educa: concurso “Sensores para todos”

Os centros escolares que o desexen poden inscribirse xa no concurso Sensores para Todos, impulsado desde a Concellaría de Educación e Cultura, en colaboración con IGACIENCIA, dentro do programa Coruña Educa 2019-20

Este certame ten como obxectivo fomentar a creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM a través de experimentos con sensores, dispositivos electrónicos, robots, GPS, etc,... dándolle novas funcións a estes e outros materiais.

O prazo de presentación dos proxectos remata o vindeiro 30 de maio, mediante o envío dun correo electrónico a secretaria@igaciencia.orgToda a información, así como os requisitos e condicións de participación están neste enlace.

Os premios entregaranse no mes de xuño, nunha data e hora aínda pendentes de determinar.

Detalles

Data

Dende o 08/01/2020 ata o 30/05/2020

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Empece a escribir e pulse Enter para buscar