Distopías Cotiás | Ética, Privacidade e Tecnoloxía: retos abertos para os anos vinte

Primeira sesión de Distopías Cotiás: encontros mensuais nos que reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.
En colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña, dende Coruña Dixital apoiamos a posta en marcha desta nova iniciativa, co obxectivo de favorecer a conexión de persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.
Falamos de cuestións que están a xerar fondos debates, polo seu enorme impacto na nosa sociedade como: ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo de vixiancia, rexistros biométricos, manipulación masiva…
O formato do encontro componse de:
- Breve charla inicial "Ética, Privacidade e Tecnoloxía: retos abertos para os anos vinte". Impartida por Pablo Castro (Trackula). Desenvolvedor frontend e co-fundador de Arengu, é un activista destacado pola liberdade en Internet e o software libre. Leva 8 anos como unha das cabezas visibles do GPUL, un dos LUGS (Grupos de usuarios de Linux) máis grandes e activos de España, un par de eles facendo cousas pro-privacidade en Trackula e coorganizando AtlanticaConf, a maior conferencia tech de Galicia.
- Debate e conversa aberta entre as persoas asistentes.
A participación é aberta ata completar aforo, aínda que recomendamos unirse ao meetup e inscribirse na sesión para reservar praza, xa que este aforo será limitado. Podes facelo aquí.
Detalles
Data
O día 27/01/2020 19:00-20:30
Contacto
http://distopiascotias.gal ola@distopiascotias.gal