Coruña Hacks (2ª sesión)

As comunidades técnicas GPUL, Coruña Developers e Árticos poñen en marcha esta nova edición de Coruña Hacks, consistente en tres hackathons (o segundo sábado de cada mes) e unha gala final con premios.

Neste segundo hackathon os equipos que se formaron no primeiro traballarán no desenvolvemento dos proxectos escollidos polo grupo. Como nas anteriores edicións, trabállase en proxectos con tecnoloxías libres que contribúan a mellorar a vida na comunidade.

Coruña Hacks dispón dun Slack (ao que podes acceder e unirte desde aquí) no que está centralizada a comunicación. Tamén un Meetup no que podes atopar máis información e inscribirte.

Detalles

Data

O día 13/04/2019 10h-20h

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-hacks/ corunahacks@gpul.org

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar