Coruña Hacks (3ª sesión)
As comunidades técnicas GPUL, Coruña Developers e Árticos impulsan esta edición de Coruña Hacks, consistente en tres hackathons (o segundo sábado de cada mes) e unha gala final con premios.
Neste terceiro hackathon os equipos rematan os seus proxectos antes da gala final na que un xurado escollerá, nun ambiente lúdico, a mellor das propostas. Como nas anteriores edicións, a base dos proxectos foron as tecnoloxías libres enfocadas a mellorar a vida na comunidade.
Coruña Hacks dispón dun Slack (ao que podes acceder e unirte desde aquí) no que está centralizada a comunicación. Tamén un Meetup no que podes atopar máis información.
Detalles
Data
O día 11/05/2019 10h-20h
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-hacks/ corunahacks@gpul.org