Bricolabs: entre Tuxes (Como orientarse na oferta de Software libre e non morrer no intento. Como sobrevivir ao síndrome NIH)

Como orientarse na oferta de software libre e sobrevivir ao síndome NIH (Not Invented Here ou tendencia a reinventar algo que xa existe) é a proposta da sexta sesión do ciclo Entre Tuxes, que organiza a asociación Bricolabs e que forma parte das  actividades da feira de tecnoloxía aberta OSHWDem.

Este obradoiro está limitado a maiores de 14 anos. As persoas menores de idade que desexen participar poden facelo acompañad*s dunha adulta, que tamén deberá inscribirse.

Podédelo facer na web de OSHWDem, á que podedes acceder desde aquí e onde podedes atopar máis información.

 

Detalles

Data

O día 28/06/2019 18:30-20:30

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Sala Maker@Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña

https://corunadixital.gal/iniciativa/sala-maker-domus/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar