GDG Coruña: Como crear apps para Google Assistant desde cero

O colectivo GDG Coruña organiza este obradoiro impartido pola desenvolvedora de chatbots e axentes conversacionais de voz para diferentes plataformas Mercedes Rodríguez.

No taller haberá unha breve introdución á contorna de desenvolvemento de Google Assistant e as instrucións para crear un Action para Google Assistant desde cero utilizando as plataformas Actions on Google e Dialogflow.

No se necesita instalar nada previamente, xa que o traballo será na nube. Tedes máis información, e a posibilidade de inscribirvos, no seu Meetup, ao que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 19/06/2019 18:30-20:00

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Mobgen

Rúa Cantón Grande, 4
15003 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar