Coruña Hacks (1ª sesión)

As comunidades técnicas GPUL, Coruña Developers e Árticos poñen en marcha  unha nova edición de Coruña Hacks, consistente en tres hackathons (o segundo sábado de cada mes) e unha gala final con premios.

Neste primeiro hackathon poderanse propoñer proxectos, faranse equipos de traballo e escolleranse as propostas máis interesantes para comezar o seu desenvolvemento. Como nas anteriores edicións, traballarase en proxectos con tecnoloxías libres que contribúan á mellorar a vida na comunidade.

Coruña Hacks dispón dun Slack (ao que podes acceder e unirte desde aquí) no que está centralizada a comunicación e no que xa se poden propoñer proxectos sobre os que traballar. Tamén un Meetup no que podes atopar máis información e inscribirte.

Detalles

Data

O día 09/03/2019 10h-20h

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-hacks/ corunahacks@gpul.org

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora