Coruña MiniHacks (1ª sesión)
A novidade de Coruña Hacks para a súa nova edición é Coruña MiniHacks: unha proposta para a rapazada de entre 8 e 16 anos, que poderá, en tres sesións, programar historias, aplicacións ou videoxogos.
Nesta primeira xornada decidirán sobre que idea queren traballar. O fío conductor será, como no caso dos adultos, algo que contribúa a mellorar a súa cidade ou a súa contorna. E, como sucede en Coruña Hacks, Coruña MiniHacks terá tamén unha gala final con premio para os proxectos.
Para máis información e realizar a inscrición, podedes entrar aquí.
Detalles
Data
O día 09/03/2019 11h-14h
Contacto
corunahacks@gpul.org https://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-hacks/