Hello Sisters!

Iniciativa vinculada á UDC para animar a mulleres novas a dar a súas propias charlas en eventos técnicos, resolver as súas dúbidas e apoialas

Na actualidade, a participación das mulleres e persoas non binarias nos eventos técnicos locais e nacionais é moi baixa, e nada representativa da diversidade de profesionais existente nas TIC.

Porén, tamén existe unha tendencia a que os postos de traballo estritamente técnicos e de responsabilidade non estean cubertos por profesionais diversos; causando un problema de visibilidade.

Tendo en conta que “non se pode ser o que non se ve”, en Hello Sisters! defenden a visibilización de futuras profesionais no sector técnico.

O grupo, ademáis de estar formado por alumnas entusiastas por participar en eventos técnicos; está composto por un grupo de mentoras pertencentes a diversos eidos: investigadoras, profesoras universitarias e profesionais de empresa privada.

Como podes participar?

As súas accións son principalmente de mentoría a alumnas de grao en enxeñaría informática da UDC ou a xoves mulleres entusiastas da tecnoloxía.

De manera consensual coas alumnas, fanse actividades que as axuden a saír da súa zona de confort e as animen a iniciar os seus propios proxectos. En definitiva, procuramos servir de grupo de apoio para solventar dúbidas e tratar as problemáticas relacionadas coa motivación do proxecto.

Celebran regularmente unha cita na FIC, xeralmente o último martes do mes. Podes estar ao tanto do calendario de citas no seu Twitter.

Contacto

Correo electrónico: hello.sisters.contact(at)gmail(dot)com
Web: hellosisters.github.io
Twitter: @hello_sisters_
Linkedin: https://www.linkedin.com/company/hellosisters/
GitHub: https://github.com/hellosisters

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar