Tomamos o mando? Mulleres detrás dos videoxogos
Este mércores a facultade de Ciencias da Comunicación celebra a xornada Tomamos o mando? Mulleres detrás dos videoxogos, financiada polo Instituto de la Mujer. A xornada ten un programa no que hai charlas, a cargo de Mirella Díez, deseñadora de Son en Remedy Games, e Estrela Páramos, coordinadora do equipo de media en Ledisson AIT, ademais dunha conversa entre María Fernández, environment artist en Gato Salvaje Studio, e Luz Castro, Imaxin Software e profesora da facultade de Ciencias da Comunicación.
Ademais, a xornada ofrece a posibilidade de participar nun obradoiro de desenvolvemento e presentación do documento de concepto dunha idea de videoxogo, en colaboración coa asociación MOLab. A asistencia é de balde, previa inscripción no e-mail cexef@udc.es
Aquí tedes a información detallada do programa.
Ademais, na primeira planta da facultade poderase visitar unha exposición sobre mulleres salientables da industria dos videoxogos.
Detalles
Data
O día 10/04/2019 A partir das 9:30
Categorías
Lugar
Facultade de Ciencias da Comunicación (UDC)
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña A Coruña