Extreme Programmers Coruña

Extreme Programming, ou XP, é unha metodoloxía de desenvolvemento de software que ten como obxectivo mellorar a calidade do software e a capacidade de resposta ao cambio. Fronte a outras metodoloxías áxiles, esta fai fincapé nas boas prácticas técnicas e na xestión de equipo e produto.
A cita deste xoves é para que as persoas que traballan ou están interesadas en XP poidan compartir inquedanzas e experiencias de forma distendida.
Para máis información e inscricións Extreme Programmers ten un meetup ao que podes acceder desde aquí.
Detalles
Data
O día 11/04/2019 20:00-21:30
Categorías
Lugar
La Olímpica
La Olímpica Rúa Alfredo Vicenti, 39
15004 A Coruña A Coruña