Realidade aumentada. Sesión #1

A realidade aumentada permite ampliar a información e contidos dunha peza física, a través da intermediación dun dispositivo dixital (xeralmente móbil), como xa coñecemos de xeito inicial nun  hackathón previo do LAIC.

Nesta primeira cita achegarémonos a unha panorámica deste eido tecnolóxico e das súas últimas tendencias da man de Verónica A. Rodríguez Pérez. Actualmente é a coordinadora principal de @xRWorldMadrid, unha das comunidades centradas en tecnoloxías VR / AR/ MR máis grandes e máis activas da Península, con 735 participantes. Tamén foi responsable da organización do GlobalVRDay na súa sede en Madrid, un evento que se celebrou de forma simultánea noutras 70 cidades de todo o mundo. Verónica colaborou ademais con Oarsis, The App Date e a Fundación Telefónica na elaboración do mapa do ecosistema empresarial do sector, dentro do "Informe Radiografía de la Realidad Virtual, Aumentada y Mixta en España 2018”.

Esta charla serviranos tamén para avanzar as claves do Grupo de Realidade Aumentada, un máis dos que forman parte de #LAIC 2019, e que en breve comezará as súas actividades. Aida Vidal, que será a facilitadora, explicaranos como se desenvolverá o programa do grupo.

Podes inscribirte nesta sesión /ou no grupo de AR desde aquí.

Detalles

Data

O día 09/02/2019 10h-13:30

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-realidade-aumentada/ laic@corunadixital.gal

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar