Primeiro encontro aberto LAIC: innovación audiovisual na Coruña

O Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) bota a andar na Coruña, dentro do programa Coruña Dixital, da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento.

Convocamos un primeiro encontro para coñecer mellor as comunidades que existen na cidade en torno á innovación audiovisual e os novos medios. Se es cineasta, programador/a, youtuber, blogger, estudante de comunicación, imaxe e son ou informática, docente, profesional da comunicación e do deseño, activista, traballador/a cultural, publicista, artista, tecnóloga/o, especialista en ferramentas dixitais, ou simplemente tes interese nas novas linguaxes e nas posibilidades do audiovisual en internet, contamos contigo e queremos coñecerte. 

Nesta xuntanza o equipo de Coruña Dixital dará a coñecer as liñas de traballo deste ano para o LAIC e a oferta de actividades nas que estamos traballando. Tamén queremos recibir propostas, compartir ideas e necesidades, e saber de proxectos e iniciativas que xa se están a desenvolver na cidade, para poder establecer vías de colaboración.

O encontro celebrarase o vindeiro luns 26 de xuño ás 7 da tarde no viveiro de empresas Accede Papagaio (rúa Hospital, 19) da Coruña. Se queres vir agradecemos que nos confirmes a túa asistencia, indicando o teu nome completo e a que te dedicas, no noso correo: ola@corunadixital.gal. Agardámoste.

Detalles

Data

O día 26/06/2017 19h

Contacto

http://corunadixital.gal/ ola@corunadixital.gal

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Accede Papagaio

Rúa do Hospital, 19, baixo.
15001 A Coruña A Coruña

http://www.coruna.gal/papagaio

Empece a escribir e pulse Enter para buscar