Popathon

Popathon é unha serie internacional de hack jams e talleres que reúne a creador*s audiovisuais, programador*s e deseñador*s para prototipar xuntas o futuro das narrativas nativas en internet (web-native storytelling).

A proposta que xa se levou a cabo en Barcelona, Berlín, París, Londres e Lisboa, chega agora á Coruña. Así, entre a tarde do venres 11 e o sábado 12 de novembro, poderás unirte a un equipo multidisciplinar no que xerar ideas, crear en código aberto e xerar un prototipo creado na web.

Algúns exemplos de prototipos desenvolvidos noutras edicións de Popathon:

 

Durante o evento contaremos con facilitadores e mentores expertos e innovadores na súa área:

philovankemenadePhilo van Kemenade iniciou Popathon para potenciar o desenvolvemento dunha linguaxe narrativa interactiva que encaixase na natureza da web.

Philo combina vídeo, datos e a web para facer narrativas con máis conexión co público e polo tanto para ampliar o seu impacto. Os seus coñecementos en Intelixencia Artificial e a súa paixón pola creación audiovisual levouno da súa Holanda natal a Londres, onde investigou data-driven storytelling utilizando vídeos xerados e subidos á rede por usuarios. Cre firmemente que a experimentación multidisciplinar pode impulsar este campo creativo de xeito notable.

Tamén contaremos con Daniel Gona, asesor de deseño empresarial independente. As súas áreas de especialización son a hypermedia así como a intersección de branding e innovación de modelo empresarial. Daniel é co-organizador de Popathon Berlín.

Por parte galega participan como mentores María Yáñez, Berto Yáñez e o cofundador da compañía coruñesa Esferobite, Juan Lesta.

 

A quen vai dirixida esta actividade?

A actividade está especialmente dirixida a profesionais do ámbito audiovisual, da programación e o desenvolvemento de aplicacións, así como a profesionais do deseño, especialmente da contorna web ou multimedia.

 

O programa da xornada

O formato é intensivo, comeza o venres 11 de novembro ás 17:00 e desenvolverase ata as 21:00.

O sábado 12 retómase ás 10:00 e finalizará ás 20:30.

 

Inscríbete! (prazas limitadas*)

  • Acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

    * Aínda que existirá apoio de tradución consecutiva (inglés-galego/castelán) e facilitadores galegos, polo dinamismo propio dun obradoiro, é preciso contar cun nivel de inglés medio para poder seguir as explicacións dos convidados e comprender os materiais e ferramentas que se manexen. Se tes dúbidas neste sentido, podes escribirnos a ola@corunadixital.gal

Detalles

Data

Dende o 11/11/2016 ata o 12/11/2016 Venres 17:00 a 21:00 / Sábado 10:00 a 20:30

Contacto

http://popathon.org/acoruna/ ola@corunadixital.gal

Información adicional

Síguenos en https://www.facebook.com/events/1763155967287066/

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar