Narrativas populares contemporáneas. Sesión #1

Na primeira parte desta sesión -De que falamos cando falamos de narrativas populares contemporáneas?- faremos unha introdución aos temas e linguaxes cos que imos traballar no grupo, dando unha panorámica do contido a tratar: que son e como funcionan as narrativas populares en Internet. Dentro da panorámica abordaremos estes temas:

  • A linguaxe popular de Internet: como é, quen a produce, onde se distribúe, para que serve.
  • Subculturas dixitais. Que teñen en común os gatos, Operación Triunfo e Bolsonaro?
  • Memes, stories, ilustración, fíos de Twitter… cales son as ferramentas e linguaxes ao noso alcance?

Na segunda parte da sesión estableceremos a composición do grupo, os obxectivos para o trimestre e o método de traballo, tanto presencial como online.

Este é o programa previsto para as vindeiras sesións:

  • 1 de febreiro: Novos xéneros audiovisuais na Rede
  • 15 de febreiro: Taller de videocreación e animación para a Rede, con Christian Flores e Anabel Lorente
  • 1 de marzo: As plataformas configuran a linguaxe de Internet
  • 15 de marzo: Repaso e finalización dos traballos

Ademais dunha sesión final, común a todos os grupos do LAIC, o 22 de marzo.

O grupo de narrativas populares contemporáneas do LAIC está coordinado por María Yáñez. Podes formalizar a túa inscrición, que como todas as actividades de Coruña Dixital é gratuíta, desde aquí.

 

Detalles

Data

O día 18/01/2019 17h-20h

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-narrativas-populares-contemporaneas/ laic@corunadixital.gal

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar