Narrativas populares contemporáneas. Conversa aberta con Anabel Lorente e Christian Flores

Christian Flores fíxose  moi coñecido para o gran público por aquel Velaske yo soy guapa popularizado por PlayGround, pero a súa traxectoria como creador de contidos vai moito máis alá disoAnabel Lorente conseguiu coas súas animacións, nas que retrata a súa experiencia como muller en situacións cotiáns, crear un estilo e un discurso e mobilizar a unha audiencia de miles de seguidores. Os dous son referentes no eido na videocreación e a animación na Rede.

Nesta charla aberta farán un percorrido polo seu traballo e a súa maneira de entender a creatividade en Internet.

As persoas participantes activas no grupo de NPC xa teñen reservada a súa praza nesta actividade.
O resto de persoas interesadas poden inscribirse só nesta charla (17h a 18h) neste enlace.

Detalles

Data

O día 15/02/2019 17:00-18:00

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-narrativas-populares-contemporaneas/ laic@corunadixital.gal

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar