Laretas Geek

A comunidade técnica de Coruna JUG organiza, xunto con Vigo JUG, a primera actividade en liña deste colectivo, a falta de data para volver á actividade presencial e ante a demanda das persoas habituais ás citas mensuais.

Neste primeiro encontro haberá tempo para falar de novidades tecnolóxicas, especialmente no que rodea á JVM. Esta sesión retransmitirase vía Twitch e poderase interactuar polo chat.

No Meetup da súa actividade, á que podedes acceder desde aquí, tedes información ampliada sobre as profesionais que participan nesta primeira sesión e a posibilidade de inscribirvos.

Haberá tamén a tradicional quedada posterior, nesta ocasión telemática.

Detalles

Data

O día 25/06/2020 21:30-23:30

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar