LaEsconditeConf: un espazo de traballo sobre dereitos dixitais

Educación, traballo, tele-traballo e mobilidade e democracia na era post-Covid: sobre estes tres eixos se desenvolverá o 25 de xuño esta iniciativa de reflexión e debate, que adicará unha segunda xornada, o día 26, a poñer en común as conclusións ás que cheguen os tres grupos de traballo.
LaEscondite é unha proposta de ámbito estatal, na que participan colectivos, profesionais e activistas da cidade, consistente un espazo virtual con grupos moi reducidos para facilitar a participación e que o debate evolucione cara propostas concretas. Está especialmente pensada para persoas vinculadas profesionalmente ou desde o activismo, aos ámbitos da privacidade, a soberanía dixital e a liberdade en Internet.
Tedes máis información na súa web, á que podedes acceder desde aquí.
Detalles
Data
Dende o 25/06/2020 ata o 26/06/2020 18:30-20:00