4ª Meetup Marketing & Audiovisual
O grupo de Marketing e Audiovisual da Coruña organiza o que será o seu último encontro ata despois do verán.
Neste encontro, que será de novo en liña, participarán Manuel García, director de proxectos en Neozink, e Klaus Martínez, compositor de bandas sonoras para cinema e publicidade.
Na súa intervención, Manuel García falará o impacto da crise da covid-19 na mudanza de hábitos e formas de consumo, mentres que Klaus Martínez falará de música e son para marketing e empresa.
Toda a información ampliada e o rexistro gratuíto na actividade está ao voso dispor no Meetup do MAV, ao que podedes acceder xa desde aquí.
Detalles
Data
O día 01/07/2020 19:00-20:30
Información adicional
É necesario rexistrarse previamente
Categorías
Lugar
[ Online ]