3º Meetup online de WordPress Galicia

Este evento en liña xunta aos grupos de Meetup de WordPress da Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Nesta ocasión, o encontro estará protagonizado por Rocío Valdivia, quen falará sobre "WordCamp Europe Online, entre bastidores cunha Global Lead".

Este Meetup terá lugar a través da plataforma Zoom. Para acceder e participar é preciso inscribirse previamente. Podédelo facer xa desde aquí e acceder á información ampliada.

A capacidade do evento, que é gratuíto, está limitada a cen participantes, polo que se algunha persoa inscrita prevé non poder participar a organización solicita que avise para liberar a súa praza.

Detalles

Data

O día 19/06/2020 19:00-21:00

Información adicional

É preciso inscripción previa. Prazas limitadas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar