Informática para tod@s

Os vindeiros 28 e 29 de marzo a facultade de informática da Universidade da Coruña acolle a cuarta edición de Informática para tod@s. O obxectivo deste evento, que conta co apoio de Coruña Dixital, é promover o papel das mulleres no eido da tecnoloxía, e contará con charlas, sesión de pósters, paneis de discusión e feira de emprego.

Está destinado a persoas tanto do mundo empresarial como das universidades, estudantes ou centros de investigación, entre outros espazos, e as entradas, que son gratuítas, están xa dispoñibles na súa web, á que podes acceder desde aquí.

Detalles

Data

Dende o 28/03/2019 ata o 29/03/2019

Contacto

https://ipt.acm.org/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Facultade de Informática

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar