Coruña JUG: Integración continua de cero a cen con Jenkins Pipelines

O colectivo técnico CoruñaJUG organiza esta charla da man de Eloy Coto, un dos habituais no panorama tecnolóxico galego, contribuidor de varios proxectos opensource (Cilium, Kamailio) que compartirá coas persoas que asistan o que está a facer con Jenkins, o aplicativo de integración continua máis popular e que fai un uso extensivo de Java e Groovy, ademais de como configuralo e usalo para que os workflows de integración continua sexan máis eficientes.

A charla será unha boa oportunidade para introducirse á integración continua e Jenkins. Tes toda a información detallada no Meetup de CoruñaJUG, ao que podes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 28/02/2019 19h-21h

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-jug/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar