Actividades dixitais na segunda edición de MIMOC
A cidade acolle a fin de semana do 15 ao 17 de febreiro a segunda edición de MIMOC, a Mostra Internacional do Mundo do Ocio. Unha proposta que conta coa colaboración do Concello da Coruña, a través da área de Turismo, e da Universidade da Coruña, entre outras entidades.
Dentro da súa oferta, MIMOC programa varias actividades relacionadas co ámbito dixital orientadas ao público familiar, concretamente novas tecnoloxías e robótica.
Na web da iniciativa, á que podedes acceder desde aquí, tedes toda a información sobre as propostas que se desenvolven, así como os prezos da entrada.
Detalles
Data
Dende o 15/02/2019 ata o 17/02/2019
Contacto
https://mimoc.eu/gl/nuevas-tecnologias-y-robotica/
Categorías
Lugar
Expocoruña
Rúa Juana Capdevielle, 2
15008 A Coruña A Coruña