GPUL Labs: Guía de supervivencia para o desenvolvedor novato
A asociación GPUL organiza este encontro para compartir experiencias, entre profesionais cunha traxectoria como desenvolvedor*s en varias empresas e desenvolvedor*s que comezan. O obxectivo é facilitar uns consellos prácticos que eviten, na medida do posible, o choque entre as posibilidades da tecnoloxía e a realidade empresarial.
Tamén se abordará o software libre como ferramenta para cambiar o mundo, pero tamén para o desenvolvemento profesional.
A charla é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente no seu Meetup, ao que podedes acceder desde aquí.
Detalles
Data
O día 02/05/2019 18:30-20:30
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/gpul/
Categorías
Lugar
Facultade de Informática
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña