Día da Ciencia na Rúa 2019

Un ano máis, a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias convoca no parque de santa Margarida, da man do alumnado e profesorado de centros educativos, o Día da Ciencia na Rúa, co obxectivo de xogar, aprender e participar nunha gran variedade de experiencias científicas, convidando así a espertar a curiosidade pola ciencia.

Ao longo do sábado, o alumnado dos centros e as entidades colaboradoras presentarán diversas experiencias científicas, pero ademais, en paralelo, desenvolveranse varias actividades, como pasacalles, espectáculos de maxia, xogos para todas as idades, graffiti, papiroflexia, xadrez ou un paseo polo parque a cargo da área municipal de Medio Ambiente.

Tedes máis información na web do Concello da Coruña, á que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 04/05/2019 11:00-19:00

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Parque de santa Margarida

Parque de santa Margarida S/N
15005 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar