GPUL Labs | Contornas virtuais en Python

A Asociación Universitaria GPUL organiza unha charla na que aprender a crear contornas virtuais de Python para así manter paquetes -de numpy, matplotlib, opencv, etc.- organizados, evitando incompatibilidades.

Ensinarán, mediante un sistema integrado en Python, a crear espazos virtuais coas súas dependencias necesarias e as súas versións compatibles, facendo máis sinxelo o desenvolvemento e proba das aplicacións.

Se tes interese nesta actividade, podes apuntarte a través do seu evento de Meetup.

Detalles

Data

O día 18/02/2020 18:30-20:00

Contacto

https://www.meetup.com/es-ES/GPUL-Labs/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Facultade de Informática

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar