#Migratón da Fundación porCausa
O #Migratón chega ao #LAIC: unha sesión práctica na que aprender a frear os discursos negativos e de odio vinculados ao fenómeno das migracións.
Esta formación, da man da Fundación porCausa que conta con importantes profesionais da comunicación, dotaranos de metodoloxías, estratexias e ferramentas concretas coas que darlle a volta a este tipo de relatos negativos. Está dirixida a calquera persoa con interese en combater estes discursos de odio e, dun modo especial, para a xente do xornalismo, da comunicación e para quen estea involucrada profesionalmente ou como activista en temas de migración.
Premendo aquí poderás atopar máis información e inscribirte nesta experiencia.
Detalles
Data
O día 28/02/2020 16:00-20:00