Creación de instrumentos mediante curtocircuíto creativo

O circuit bending é un tipo de arte electrónico que basea os seus procedementos no curtocircuíto creativo. É moi sinxela de facer, non exixe pre-requisitos técnicos ou un coñecemento profundo da área da electrónica. Esta técnica é, sen dúbida, o xeito máis simple de deseñar un instrumento electrónico. O vindeiro sábado 9 de febreiro Dio3stu estará impartindo un obradoiro de iniciación ó circuit bending.
Dio3stu son un colectivo de persoas dedicadas ao arte sonoro: fan esculturas sonoras ou pequenos instrumentos electrónicos e tamén instalacións nas que, ademais do circuit bending, utilizan aparatos dixitais ou recursos electroacústicos.
O obxectivo deste obradoiro é construir obxectos sonoros. As participantes aprenderán conceptos e metodoloxía básica para manipular un circuíto de baixa voltaxe, para soldar e para os acabados. As prazas están limitadas a 20 persoas. Para participar no obradoiro é preciso preinscribirse escribindo un mail co teu nome e teléfono a actividades@nave1839.org
*Para o obradoiro é preciso que as participantes leven o seu propio xoguete sonoro (megáfonos, pianitos ou guitarras de xoguete, bonecos, casiotones ou calquer artiluxio ou xoguete de baixo voltaxe alimentado a pilas ou transformador). Tamén será necesario soldador e estaño, aínda que haberá algúns dispoñibles xunto con outros materiais (interruptores, potenciómetros, etc,...) que si están incluídos na inscrición.
Detalles
Data
O día 09/02/2019 11h-19h
Contacto
http://nave1839.org/gl/ actividades@nave1839.org