Coruña JUG: Monitorizando os nosos servizos, dispositivos e aplicacións co stack Elastic
Coruña JUG prepara unha nova sesión na que Ismael Hasan, enxeñeiro en informática e parte do equipo de soporte en Elastic, e Matías Cascallares, enxeñeiro de sistemas especializado en tecnoloxías open source e escalabilidade, falarán de observabilidade.
A charla tratará de poñer o foco sobre o que é a observabilidade aplicada a estudar as "tripas" de aplicacións e servizos, colectando logs, métricas e trazas de APM. A través do stack Elastic verase tamén como responder a preguntas como: "Canto tarda a nosa aplicación web en responder as consultas dos nosos usuarios? Hai algún horario no que funcione máis lenta? Que está ocorrendo na nosa aplicación cando o rendemento é máis baixo?".
Dende Coruña Dixital apoiamos esta cita, facilitando a súa celebración na aula 9 do Centro Ágora. Para ter máis información e inscribirte, podes acceder ao seu evento en Meetup.
Detalles
Data
O día 20/02/2020 19:00-21:00h
Contacto
https://www.meetup.com/CorunaJUG/?_locale=es-ES