WordPress Coruña: Vivamos como blogueiros!

WordPress Coruña retoma a súa actividade no 2020 organizando unha sesión na que virá Manolo Rodríguez, periodista e responsable da estratexia de redes sociais no xornal La Opinión A Coruña e autor dos blogs Desenredando la red e Pilla tu maleta.
Na charla Vivamos como blogueiros! dará consellos para escribir artigos de maneira correcta e ofrecerá claves aprendidas nos últimos 9 anos coma blogueiro.
Se queres obter máis información e inscribirte podes facelo a través do seu evento de Meetup.
Detalles
Data
O día 13/02/2020 19:00-20:30
Contacto
https://www.meetup.com/es-ES/WordPressCoruna/
Categorías
Lugar
Hotel Hesperia
Rúa Juan Florez, nº15
15004, A Coruña A Coruña