Curso de programación visual de aplicación para persoas con discapacidade

O CITIC , en colaboración con COGAMI, organiza un curso de programación visual baseada en bloques e placas Makeymakey, Microbit, Playground e Arduino para o desenvolvemento de contidos de intervención, rehabilitación e domótica en persoas con discapacidade.

Este curso, Novos recursos TIC para produtos de apoio , está especialmente destinado a persoas da Confederación e a calquera persoa interesada no desenvolvemento de contidos que poden ser aplicados para traballar con persoas con discapacidade.

O acceso a esta actividade é aberto e de balde.  Para obter máis información e inscribirte podes premer aquí.

Detalles

Data

O día 17/01/2020 10:00-17:30h

Contacto

https://citic-research.org/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro de investigación en TIC- CITIC (UDC)

Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar