Coruña Hacks celebra en marzo a súa primeira sesión

O próximo 3 de marzo terá lugar no centro Ágora (11h-20h) a primeira das xornadas de Coruña Hacks, unha serie de hackatóns que se desenvolverán os primeiros sábados de cada mes, con datas xa confirmadas entre marzo e xuño, e que teñen como obxectivo desenvolver proxectos de aplicacións de código aberto. Polo momento, as catro entidades organizadoras (GPUL, Árticos, GDG Coruña e Coruña Developers) recollen as propostas das persoas que desexen participar, coa idea de elaborar unha lista de traballos a desenvolver nos catro Coruña Hacks con data pechada até o de agora.

O Concello do Coruña colabora con esta actividade a través do programa Coruña Dixital e o apoio do Laboratorio Cidadán Co-Lab da área de Participación e Innovación Democrática

Tedes máis información na web da iniciativa, así como un meetup para seguir o evento e un slack para os que queirades formar parte da comunidade.

Detalles

Data

Dende o 03/03/2018 ata o 03/03/2018 11:00 a 20:00

Contacto

https://corunahacks.gpul.org/

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar