A segunda xornada de Coruña Hacks será o primeiro sábado de abril

O 7 de abril o centro Ágora acolle unha nova xornada (10h-20h) de Coruña Hacks, o segundo dos hackatóns que se desenvolven dende o pasado mes de marzo o primeiro sábado de cada mes, con datas xa confirmadas até xuño, e que teñen como obxectivo desenvolver proxectos de aplicacións de código aberto.  Trabállase sobre unha lista de propostas, elaboradas tras un proceso de recollida, que teñen como nexo común o código aberto como fórmula para resolver problemas ou necesidades dos usuarios e, por extensión, de colectivos e asociación coruñesas.

Concello do Coruña colabora con esta actividade a través do programa Coruña Dixital e o apoio do Laboratorio Cidadán Co-Lab da área de Participación e Innovación Democrática

Tedes máis información na web da iniciativa, así como un meetup para seguir o evento e un slack para os que queirades formar parte da comunidade.

Detalles

Data

Dende o 07/04/2018 ata o 07/04/2018 10h-20h

Contacto

https://corunahacks.gpul.org/

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar