CeMIT Eirís: Google APPS, ferramentas na nube
A Aula CeMIT inclúe na súa programación de febreiro un curso no que aprender as diversas ferramentas na nube que ofrece Google APPS: Google Docs, procesador de textos, Google Maps para localizar ubicacións e Google Drive para almacenamento na nube.
Poderás aprender a manexarte con estas aplicacións e a utilidade que poden chegar a ter. Como coñecementos mínimos requírese saber manexar un ordenador e Internet, ademais de contar cunha conta de correo de Gmail.
O curso terá lugar os luns e mércores do 19 ao 26 de febreiro. Podes realizar a inscrición facendo click neste enlace.
O prazo de inscrición remata o 17 de febreiro. Aquí tes a programación completa e os criterios de participación.
Detalles
Data
Dende o 19/02/2020 ata o 26/02/2020 18:15-20:15
Contacto
Categorías
Lugar
Aula CeMIT de Eirís
Rúa Terranova de Eirís, 7
15009 A Coruña A Coruña