CeMIT Eirís: Libre Office Writer (básico)

Aula CeMIT inclúe na súa programación de febreiro un curso de Libre Office Writer para un nivel básico.

A través destas aulas poderedes aprender que é un procesador de texto, a empregar a ferramenta Libre Office Writer e a crear e manexar documentos. Para poder realizar este curso é necesario saber utilizar con axilidade un ordenador (manexo do rato e teclado, apertura e peche de programas, uso de cartafoles, etc.).

O curso terá lugar os luns e mércores do 03 ao 17 de febreiro. Podes realizar a inscrición facendo click neste enlace.

O prazo de inscrición remata o 31 de xaneiro. Aquí tes a programación completa e os criterios de participación.

Detalles

Data

Dende o 03/02/2020 ata o 17/02/2020 18:15-20:15

Contacto

https://cemit.xunta.gal/

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Aula CeMIT de Eirís

Rúa Terranova de Eirís, 7
15009 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar