Bricolabs: Entre Tuxes (sesión 1)

asociación Bricolabs desenvolve unha serie de sesións introdutorias a GNU/Linux, que terán lugar na Sala Maker da Domus. A primeira delas estará adicada á instalación e iniciación a Linux e será impartida por Sergio Alvariño e Jorge Lama.
Na xornada, que é gratuíta, as persoas que participen aprenderán, entre outras moitas cuestións, a descargar unha distro Linux, preparala nunha memoria USB e instalala nun equipo.

En vindeiras xornadas, Entre Tuxes abordará as seguintes cuestións:

  • Como probar Linux no teu equipo
  • Ubuntu para novat*s
  • Uso da terminal en Linux
  • Iniciación a Git
  • Profundando en Git
  • Aplicacións libres de desenvolvemento Hw
  • Distros lixeiras para recuperar equipos
  • Como orientarse na oferta de Sw libre, sobrevivir ao síndrome NIMBY

Todas as sesións son gratuítas

Detalles

Data

O día 18/05/2019 11:00-13:30

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Sala Maker@Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña

https://corunadixital.gal/iniciativa/sala-maker-domus/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar