Bricolabs: entre Tuxes (Quen teme a Bash?)

A asociación Bricolabs continúa co programa das sesións Entre Tuxes, que forman parte das actividades da feira de tecnoloxía aberta OSHWDem, desta volta cunha proposta pensada para as persoas que nunca traballaron coa liña de comandos, pero tamén para as que adoitan empregar Bash como intérprete de comandos.

Neste obradoiro ofreceranse algúns trucos para mellorar a actividade diaria con Bash e veranse algúns scripts e utilidades para optimizar o traballo diario.

Este obradoiro está limitado a maiores de 14 anos, aínda que no caso das persoas que asistan e que sexan menores de idade deberán facelo acompañadas dunha persoa adulta, que tamén deberá inscribirse.

Podédelo facer desde aquí, onde tamén atoparedes máis información.

Detalles

Data

O día 15/06/2019 11:00-13:00

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/bricolabs/

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Sala Maker@Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña

https://corunadixital.gal/iniciativa/sala-maker-domus/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar