Coruña Hacks regresa o primeiro sábado de maio
O 5 de maio o centro Ágora acolle unha nova xornada (10h-20h) de Coruña Hacks, o terceiro hackatón desenvolvido por GPUL, Árticos, GDG Coruña e Coruña Developers. Nestas xuntanzas trabállase desenvolvendo proxectos de aplicacións en código aberto sobre necesidades e propostas previamente suxeridas, ao longo do pasado mes de febreiro, vía web por varios usuarios.
O Concello do Coruña colabora dende o seu comezo con esta actividade a través do programa Coruña Dixital e o apoio do Laboratorio Cidadán Co-Lab da área de Participación e Innovación Democrática
Tedes máis información na web da iniciativa, así como un meetup para seguir o evento e un slack para os que queirades formar parte da comunidade.
Detalles
Data
Dende o 05/05/2018 ata o 05/05/2018 10h-20h