Vídeo Mapping

Grupo do LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación

O vídeo mapping consiste en proxectar ou despregar unha animación ou imaxes sobre superficies reais para conseguir un efecto artístico e fóra do común baseado nos movementos que crea a animación (2D e 3D) sobre a devandita superficie.

O mapping máis habitual é o que vemos sobre os edificios monumentais acompañados de sons para efectuar un maior espectáculo. Desta forma permítese unha interacción co público e créase unha relación entre a arte, a tecnoloxía e a sociedade.

Actualmente, o Vídeo Mapping non só é unha técnica de proxección, xa que pode ser utilizado por tecnoloxías como pantallas de leds ou vídeo muros, entre outras.

Neste grupo experimentamos coas técnicas esenciais da disciplina, a través do manexo do programa MadMapper 3, e coas súas posibilidades a través da creación de proxectos en equipos.

Como podes participar?

O grupo de Vídeo Mapping do #LAIC estivo coordinado por Pablo Ferrerresponsable do proxecto coruñés mapping.tv e profesor do módulo de Animación Visual da Escola de Imaxe e Son de Vigo, quen ademais imparte workshops de vídeo mapping en España e Portugal e ten realizado proxectos de vídeo mapping en diversos eventos e para  clientes como Inditex ou Fundación Barrié, entre outros. Aquí podes coñecer a súa traxectoria un pouco máis.

 

O grupo despertou un grande interese e completou rapidamente as súas prazas. Celebrou varias sesións presencias, para experimentar co programa e as súas posibilidades e desenvolver os traballos por equipos, ademais do traballo online das participantes.

 

Se tes interese nesta temática, podes recibir información de futuras propostas subscribíndote aquí ao noso boletín, pero tamén participando no grupo do #LAIC no Facebook ou participando no seu Slack.

Contacto

Correo electrónico: laic@corunadixital.gal
Páxina web: laic.corunadixital.gal/
Twitter: twitter.com/corunadixital
Facebook: facebook.com/groups/ComunidadeLAIC/
Comunidade virtual: slack-coruna-dixital

 

Proxectos relacionados