Realidade Aumentada

Grupo do LAIC, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación

A realidade aumentada permite ampliar a información e contidos dunha peza física, a través da intermediación dun dispositivo dixital (xeralmente móbil).

Cando puxemos en marcha o LAIC, xa realizamos un primeiro achegamento ás posibilidades desta tecnoloxía, nun hackathón intensivo sobre patrimonio audiovisual da cidade. Os experimentos resultantes reuníronse na app que se fixo no hackathón: Coruña AR. Con ela pódese probar a pasar o móbil por riba das imaxes que temos na colección en Archive.org xerada na mesma actividade e deixar que se produza a maxia. Tamén temos dispoñibles algúns vídeos da aplicación en uso aquí.

No grupo de Realidade Aumentada do LAIC coñecimos unha panorámica das posibilidades desta tecnoloxía, do estado do sector e exploraremos o uso práctico de Vuforia, un software que se pode usar como extensión de Unity, unha das principais plataformas para crear videoxogos e animacións en 3D.

Como podes participar?

O grupo de AR do #LAIC é de especial interese para persoas con  coñecementos de deseño, creación de contido dixital, ilustración, arte urbana, fotografía, realización, documentalismo ou programación informática.

As persoas que participaron neste grupo puideron desenvolver, en varias sesións enfocadas á aprendizaxe colectiva, proxectos por equipos con total liberdade no que respecta á súa temática e enfoque.

 

Se tes interese nesta temática, podes recibir información de vindeiras actividades subscribíndote ao noso boletín, pero tamén participando no grupo do #LAIC no Facebook ou participando no seu Slack.

A primeira sesión do grupo tivo un enfoque panorámico e centrouse nas posibilidades de realidade aumentada, virtual e mixta. Impartiuna Verónica A. Rodríguez, coordinadora principal de @xRWorldMadrid, unha das comunidades centradas en tecnoloxías VR / AR/ MR máis grandes e activas da Península. Tamén foi responsable da organización do GlobalVRDay na súa sede en Madrid, un evento que se celebrou de forma simultánea noutras 70 cidades de todo o mundo. Verónica colaborou ademais con Oarsis, The App Date e a Fundación Telefónica na elaboración do mapa do ecosistema empresarial do sector, dentro do “Informe Radiografía de la Realidad Virtual, Aumentada y Mixta en España 2018.

O proceso de aprendizaxe colaborativo posterior desenvolveuse coa cordinación da enxeñeira informática coruñesa Aida Vidal, integrante do colectivo MOLAB. Actualmente compaxina o seu traballo como programadora en Emapic co mestrado en enxeñaría informática pola UDC, ademais de realizar colaboracións con estudos de videoxogos como o coruñés “KST Studio”. Os seus eidos de interese móvense entre o desenvolvemento de aplicacións e o mundo do 3D, AR, VR, videoxogos e computación gráfica en xeral. Podes coñecela mellor aquí.

Contacto

Correo electrónico: laic@corunadixital.gal
Páxina web: laic.corunadixital.gal/
Twitter: twitter.com/corunadixital
Facebook: facebook.com/groups/ComunidadeLAIC/
Comunidade virtual: slack-coruna-dixital

Proxectos relacionados

Empece a escribir e pulse Enter para buscar