XXII edición de Coruña Bloggers
Nova convocatoria de Coruña Bloggers, cun único requisito: aportar un quilo de comida a cambio da asistencia, que é gratuíta. Esta doazón sumarase as de anteriores edicións, nas que se conseguiron reunir máis de dúas toneladas de alimentos que foron doados, como tamén o serán nesta ocasión, á cociña económica da cidade.
Nesta XXII edición Coruña Bloggers ofrece unha conversa sobre o marco legal dos negocios dixitais, co avogado especializado José Nogueira, e un obradoiro sobre a creación dun storytelling persoal para Linkedin, coa formadora Diana Pardo. Haberá tamén tempo para o networking e o lecer.
A xornada é gratuíta, pero ademais da doazón solidaria dun quilo de comida, require inscrición previa, xa que as prazas son limitadas. Podes rexistrarte e ampliar información sobre esta actividade aquí.
Detalles
Data
O día 29/05/2019 19:30-21:30
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-bloggers/
Categorías
Lugar
Fundación Barrié
Rúa Cantón Grande, 9
15003 A Coruña A Coruña